OBSERVAMOS
Para detectar necesidades, sentimentos e inquedanzas. Realidades do día a día.
ESCOITAMOS
Para xerar unha boa comunicación. Queremos entender o porqué das cousas.
ACTUAMOS
Para dar vida ás historias da man da sétima arte. Cun toque peculiar.
AS NOSAS PRODUCIÓNS
Aquí podes ver as nosas producións completadas ata agora. Podes seguir baixando para ver outros proxectos nos que estamos traballando.
Longametraxe de ficción
AS TRES OUTRAS VIDAS DE MARÍA SANTISO
Falso documental protagonizado por un ninguén que quere ter sangue nas veas.
Sinopse:
Roberto está aburrido da vida e soña con facer unha película de zombis, pero ninguén o toma moi en serio.
Escrita e dirixida por Roberto Alvite
País: España
Ano: 2024
Xénero: comedia negra. Zombis.
Duración: 83 minutos
Idiomas: galego, español
Formato: cor, dixital 4K
Rodaje: 10 días en A Coruña, Oleiros, Culleredo y Cambre (A Coruña)
Produtora: Melgo Cinema
Estado: en distribución por festivais.
Distribuida por YAQ Distribución.
OLVIDO | CORAXE | VIDA | MORTE
Falso tráiler
AS TRES VIDAS DE MARÍA SANTISO
Comedia negra protagonizada por unha morta de fame que non quere ser olvidada.
Sinopse:
Cando María Santiso morreu, todos pensaron que a súa historia rematara. Pero a memoria é traizoeira.
Escrita e dirixida por Roberto Alvite
País: España
Ano: 2022
Xénero: comedia negra. Zombis.
Duración: 3 minutos
Idiomas: galego
Formato: cor, dixital 4K
Rodaxe: 2 días en A Coruña, Oleiros e Cambre (A Coruña)
Produtora: Melgo Cinema
Estado: en distribución.
OLVIDO | CORAXE | VIDA | MORTE
Docuficción
O NOSO PASAR: A NOSA NATUREZA
Fantasía e traxicomedia protagonizada por un apóstolo que non sabe facer ben o seu traballo.
Sinopse:
O sempiterno apóstolo Santiago, Santi para os amigos, farta de que a xente ensucie a súa terra. Coa compañía do seu benquerido bordón, Pau, moverá ceo e terra para poñerlle remedio ou vivir no intento.
Escrita e dirixida por Roberto Alvite
País: España
Ano: 2023
Xénero: fantasía. Traxicomedia.
Duración: 33 minutos
Idiomas: galego, español
Formato: cor, dixital 4K
Rodaxe: 3 días en Oleiros, Miño, Paderne e Betanzos (A Coruña)
Produtora: Melgo Cinema
Estado: en distribución.
INMIGRACIÓN | PATRIMONIO | VONTADE | CAMIÑO
Novela visual (videoxogo)
TI PRIMEIRO
Romance protagonizado por unha parella nova que explora a mellor forma de quererse.
Sinopse:
Álex e Sebas forman unha parella nova e namorada que cre que vai estar xunta para sempre. Por iso déixanse levar e intentan ter unha relación aberta, pero a cousa non sae como esperaban.
Escrita e dirixida por Roberto Alvite
País: España
Ano: 2021
Xénero: romance
Duración: 3 x 60′
Idiomas: galego, español, inglés, francés, italiano e portugués de Brasil
Formato: cor, dixital
Rodaxe: 7 días en A Coruña, Culleredo e Arteixo (A Coruña)
Produtora: Melgo Cinema
Plataformas: iOS, Android
Calificación de idades: +16
Estado: disponible.
- Máis de 10.000 descargas en máis de 30 países un mes despois do lanzamento.
– Descarga en App Store– Descarga en Google Play– Ver apariciones en prensa
AMOR | AMIZADE | DESEXO | PERDA
Curtametraxe de ficción
POSTRE
Suspense protagonizado por unha muller anciá que vai de visita á cidade por unha comida familiar.
Sinopse:
"Come e cala", din.
Sara é unha anciá sen tempo para historias. Convidárona a comer coa familia, cousa xa case esquecida, e non sabe por que.
Escrita e dirixida por Roberto Alvite
País: España
Ano: 2020
Xénero: suspense
Duración: 14 minutos
Idioma: galego
Formato: cor, dixital 2K
Rodaxe: 3 días en A Coruña e Culleredo (A Coruña)
Produtora: Melgo Cinema
Distribuidora: Selected Films
Calificación de idades polo ICAA: +7
Estado: en distribución.
FAMILIA | RESPECTO | VELLEZ | MEMORIA
Curtametraxe de ficción
AS TRES CAÍDAS DE MARÍA SANTISO
Comedia dramática protagonizada por unha muller adulta que vive nunha aldea illada do rural galego.
Sinopse:
Como na casa en ningún sitio. María Santiso leva moitos anos vivindo soa no seu fogar de toda a vida na aldea: éche de conviccións fortes. Pero hoxe vai ter visita e as conviccións poden caer polo seu propio peso.
Escrita e dirixida por Roberto Alvite
País: España
Ano: 2019
Xénero: comedia dramática
Duración: 23 minutos
Idioma: galego
Formato: cor, dixital 2K
Rodaxe: 4 días en Oleiros (A Coruña)
Produtora: Melgo Cinema
Calificación de idades polo ICAA: +7
Estado: en distribución.
- Premio do Público á Mellor Película Galega na 41 Semana de Cine de Lugo (outubro 2019).
– Proxectado en máis de 30 municipios de toda Galicia.
FAMILIA | RURAL | FOGAR | MULLER
«AS TRES OUTRAS VIDAS DE MARÍA SANTISO»
FOTOGRAMAS
TRÁILER
MAKING OF
«AS TRES VIDAS DE MARÍA SANTISO»
FOTOGRAMAS
TRÁILER
«O NOSO PASAR: A NOSA NATUREZA»
FOTOGRAMAS
TRÁILER
MAKING OF
«TI PRIMEIRO»
FOTOGRAMAS
TRÁILER
MAKING OF
«POSTRE»
FOTOGRAMAS
TRÁILER
MAKING OF
«AS TRES CAÍDAS DE MARÍA SANTISO»
FOTOGRAMAS
TRÁILER
MAKING OF
Descobre como foi o proceso de produción do noso primeiro proxecto.
Ficción sonora (6 x 15′)
MOI MAL FEITO
Relato bélico protagonizado por un inmigrante maior que busca unha oportunidade para triunfar nun mundo moi fráxil.
En financiamento.
LEALDADE | TRABALLO | MENTIRA | SUPERVIVENCIA
Proxectos transmedia (4)
O NOSO PASAR
Fantasía a través dunha serie de proxectos transmedia a producir ao longo dos próximos anos: docuficción, realidade virtual, videoxogo e miniserie de ficción.
En diferentes fases de produción.
FAMILIA | MADUREZ | TRADICIÓN | CAMIÑO
Pulsa aquí para saber máisO EQUIPO
Estamos unidos nesta iniciativa que conxuga pasado, presente e futuro.
ROBERTO ALVITE
Produtor executivo, guionista e director
Tamén son actor e educador social. Como me gusta explorar formas de comunicar e facer medrar ás persoas, decidín crear este proxecto.
Podes visitar a miña web persoal en: www.robertoalvite.comJAVIER GÁLEGO
Consultor
Tamén son actor e empresario. Apaixóname o audiovisual, establecer relacións solventes e pór en marcha proxectos con traballo e garra.
Podes visitar a miña web persoal en: www.javiergalego.netAS BASES
O social é un mundo complexo, e o audiovisual tamén. Pero o éxito radica no sinxelo. Ter claras estas bases é clave para o devir de calquera proxecto.
GUION
Unha boa idea precisa que se desenvolva con sensatez. Respectamos o valor dun guion por enriba de todo.
EQUIPO
Un bo guion precisa un equipo humano que o faga realidade. Somos responsables de coidalo.
TRABALLO
Un bo equipo precisa sentirse implicado. Esforzámonos para facer brillar a súa experiencia e talento.
CORAZÓN
Un bo traballo necesita aportarte como persoa. Devolvemos a confianza con empatía e sensibilidade.
EN ACCIÓN
Traballando no que nos move.