«O noso pasar» é unha serie de proxectos transmedia que comparten o xénero fantástico para falar de variedade de temáticas sociais: adolescencia, inmigración, medio ambiente ou discapacidades, entre outras. O seu formato vai desde o audiovisual ao interactivo, e sempre poñendo en valor o Camiño de Santiago e o patrimonio galego.
O primeiro dos proxectos producidos, «O noso pasar: A nosa natureza», é beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia na súa edición 2022.
A personaxe central que conecta todos estes proxectos é Santi, unha interpretación libre e retranqueira do Apóstolo Santiago.
A NOSA NATUREZA
Docuficción.
- Fantasía e traxicomedia
- Inmigración e medio ambiente
- En distribución
2022 |
Coa participación de CREA SGR e Triodos Bank.
A NOSA REALIDADE
Realidade virtual.
- Fantasía e terror
- Discapacidades
- En desenvolvemento
2024 |
A NOSA FANTASÍA
Videoxogo.
- Fantasía e catástrofe.
- Supervivencia
- En desenvolvemento
2026 |
2027
O NOSO PASAR
Miniserie de ficción (5 x 55′). | Fantasía e comedia dramática. | Familia e adolescencia. | En financiamento.