
Camino Kaput é un videoxogo en 2D de fantasía e defensa de torres no que axudas a Santi, o apóstolo Santiago, a se defender dunha invasión de turistas e peregrinos por rutas do Camiño nun pesadelo.
Usa as súas emocións e bendicións para resistir onda tras onda e evitar unha catástrofe. A súa Avaricia, a súa Preguiza, ou incluso o seu Medo serán de grande axuda para ti. Tamén te poderás defender de influencers, ciclistas, autobuses e autocaravanas invocando a... Un polbo xigante! E moitas tolemias máis que irás descubrindo conforme avanzas polas catro estacións do ano.
Celebra este Ano Santo Xacobeo 2027 cunha historia chea de sátira sobre o turismo e moito humor, acompañada dunha banda sonora rockera que versiona a mellor música tradicional irlandesa.
Tes o tempo xusto para xogar? Desfruta de varios minixogos dende o primeiro momento e sobrevive conseguindo cartos ou puntos ata que non poidas máis. Salva Galicia e segue o teu propio camiño!
Idiomas dispoñibles:
- Galego
- Castelán
- Catalán
- Inglés
- Francés
- Italiano
- Alemán
- Portugués
- Coreano
Coa colaboración da Xunta de Galicia a través da AGADIC, a Deputación da Coruña e a Generalitat de Catalunya.
LANZAMIENTO: 24-11-2026 -> iOS, Android

Camino Kaput Dixit é un documental interactivo sobre o desenvolvemento de Camino Kaput, un videoxogo en 2D de fantasía e defensa de torres no que axudas a Santi, o apóstolo Santiago, a se defender dunha invasión de turistas e peregrinos por rutas do Camiño nun pesadelo.
Coa fusión de localizacións reais do Camiño con ilustracións do videoxogo, poderás coñecer ao equipo detrás do proxecto: xente nova disposta a asumir riscos e aprender no proceso. Ve entrevistas, bótalle un ollo á arte conceptual e le todo tipo de anécdotas directamente da boca da programadora, a ilustradora de personaxes ou a compositora. Todo ao teu ritmo.
As seis fases do documental abranguen arredor dun ano e medio de desenvolvemento dun videoxogo “indie”, así que é unha oportunidade de ver como cambian as cousas dunha á outra: quen se une ao equipo, que característica se descarta, e máis importante, onde queda a diversión. Aquí, non hai nada que che faga perder a partida.
Celebra o Ano Santo Xacobeo 2027 cunha historia chea de sátira sobre o turismo e moito humor, todo acompañado dunha banda sonora pegadiza que inclúe adaptacións de música tradicional irlandesa. Nós somos galegos, pero compartimos raíces!
Idiomas dispoñibles:
- Galego*
- Castelán*
- Catalán*
- Inglés*
- Francés
- Italiano
- Alemán
- Portugués
- Coreano
A ter en conta: as entrevistas soamente ofrecen subtítulos neses idiomas*.
Desfruta de Camino Kaput Dixit gratis!
Coa colaboración da Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo e da Deputación da Coruña.

LANZAMIENTO: 24-11-2026 -> PC, Mac, itch.io
Nota do creador: este documental inclúe varios vídeos. A carga en web pode levar ata 1-2 minutos dependendo da configuración da túa rede e teléfono. Se xogas no móbil, pode que atopes algún erro, como algún fondo que non se carga. Recomendamos a versión descargable para PC e Mac en itch.io para ter a mellor experiencia. Grazas pola túa paciencia.
Estas obras non utilizaron ferramentas de intelixencia artificial xerativa na súa produción, e non está permitido o uso das obras, no seu conxunto nin o de ningún dos elementos que as integran, nin para o desenvolvemento nin para o adestramento de ferramentas de intelixencia artificial xerativa.
© 2026 Melgo Cinema SL. Todos os dereitos reservados. «Camino Kaput» é unha marca rexistrada de Melgo Cinema. Todas as marcas son propiedade dos seus respectivos donos.










